Hoxe, ímosvos falar sobre cinco mulleres importantes no campo da ciencia, nacidas en Galicia.
Aída Fernández Ríos
Esta científica, falecida nun atropelo no 2015, destacou como oceanográfica. Foi a terceira muller que ingresou na Real Academia Galega das Ciencias.
Eugenia Pereira
É a primeira muller licenciada na farmacia galega. Aprobou unas oposicións que lle permiten poñerse ao fronte do laboratorio de aduanas.
Ángeles Alvariño
Sabías que foi a primeira muller científica nun buque británico? En 1953, foi a Inglaterra, porque o franquismo non lle permitía investigar en buques españois.
Alicia C. Estévez Toranzo
É unha das primeiras mulleres da Real Academia Galega das Ciencias. É catedrática de Microbioloxía e licenciada en farmacia promovendo unha decena de patentes de vacinas que preveñen enfermidades en peixes de consumo diario.
María Tarsy Carballas
Doutora en Farmacia licenciada en Química. Nacida en Taboada. E pioneira no estudio da xénese.