Diario do coronavirus
En tempos de confinamento a nosa capacidade creativa está en plena ebulición. Convidámosvos a botarlle unha ollada á nosa nova sección.
POEMA AO CORONAVIRUS
21 de marzo 2020 - Día da Poesía
Para inaugurarmos esta nova sección empregaremos o poema elaborado por 5º/6º EP co gallo da celebración do Día da Poesía e a Semana da Prensa. A composición do poema partiu dunha nova extraída dun xornal. Agardamos que vos guste!
Cinco paisanos
cuxo nome non lembramos
deron positivo
por coronavirus.
No cruceiro Westerdam
ían de vacacións
cando unha octoxenaria
aos españois contaxiou.
Nin Xapón nin Tailandia
os deixaron pasar.
Por iso en Camboia
tiveron que desembarcar.
Unha española illada
no barco tivo que quedar,
e os outros catro infectados
nun hotel os tiveron que aloxar.