top of page

Cultura

Pequenas reseñas sobre a cultura 

merdeiro.jpeg

Os Merdeiros de Vigo

O personaxe do entroido de Vigo é o Merdeiro. Este personaxe estivo desaparecido durante un tempo debido a que atacaban verbalmente a algunhas figuras públicas.

Na actualidade paséanse brincando e berrando cun único obxectivo: asustar á xente. Para elo van armados cunha vara coa que golpean á xente pero sen ningunha intención de facer dano. A vestimenta representa a unha imitación dos escabicheiros (campesiños que recollían os restos de peixe para abonar os campos), levando un gorro, un farol e esaxerando os símbolos típicos dos campesiños da zona.

David Villar, Lucía González, Nayara Sarro, Roque Chamochín.

Navidad-Tradiciones-Galicia-Papa_Noel-La

O Nadal en Galicia

O Nadal é unha festa tradicional celebrada practicamente en todo o mundo, e aquí en Galicia non podía ser diferente. Coa chegada do solsticio de inverno o 21 de decembro os celtas celebraban a festa de Alban Arthuan, e os romanos, a festa de Saturnalia. Máis adiante, o cristianismo marcou como festividade o 25 de decembro.


Nos celtas tiñan o costume de acender as “velas do nadal”. Esta era unha tradición que consistía en manter unha vela acesa en honor á deusa Nai Terra durante o solsticio do inverno usando os restos de vela do ano anterior, e debería arder durante 12 horas para atraer boa sorte. Desa tradición xurdíu unha das tradicións máis antigas e con maior raigame en Galicia: o chamado “cepo de Nadal” ou “tizón de Nadal”, consistente nun madeiro que se prendía na noite de Noiteboa na lareira e debía durar ata o Aninovo.


Na zona do Courel, é moi típica a figura do Apalpador. O Apalpador que era un home que baixaba polas montañas do Courel a noite do 24 de decembro, cargando cun saco de castañas para deixarllas aos nenos desnutridos, aos que lles apalpaba as barrigas para ver se estaban cheos, desexándolles un ano de felicidade no que non lles faltase nada.

58.jpg

Tradicións galegas: o magosto

O magosto, tamén coñecido como magostu, magüesteu ou magüsteu, é unha festa tradicional nalgunhas rexións do norte de España, como Galicia, Cantabria, Asturias, León, Zamora, Salamanca e Cáceres, así como Canarias Tratase dunha celebración relacionada coa colleita de castañas similar ás festas da vendimia relacionadas coa recolección da uva.
Carece dunha data concreta pero tratase dunha costume moi
arraigada. Chamase magosto á fogueira preparada para asar as
castañas en torno á cal reunense os veciños para compartilas
e beber viño.

SAMAIN_edited.jpg

CHEGA O SAMAÍN

O Samaín é unha festa de orixe celta que se celebra dende o 31 de outubro ata o 1 de novembro. Anuncia a fin do verán e da temporada de colleita. Ao principio, ofrecíanlles doces aos mortos para que os mortos non se enfadaran e non viñeran a polos vivos.
Hoxe en día, o Samaín celébrase en todo o mundo. Por exemplo: Canadá, Estados Unidos, Reino Unido, en China...
En Galiza tamén se celebra o Samaín. A tradición estaba olvidada pero agora estase recuperando. Decóranse cabazas, a xente disfrázase, fanse fogatas para espantar aos malos espíritos, etcétera. Algunhas das comidas típicas son as castañas asadas e as receitas con cabaza.
As casas decóranse con teas de araña, pantasmas, vampiros, esqueletes, cabazas talladas, morcegos e outros obxectos terroríficos.

bottom of page