top of page

O Galegómetro chega ao CEIP Fonte Escura

Actualizado: 21 feb 2021

Os nenos de 5º e 6º do CEIP Fonte Escura comezaron este mes de setembro a usar o Galegómetro.

Este invento, proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, consiste en que cada alumno ten un máximo de tres vidas que debe conservar durante toda a clase Lingua Galega ou aquelas materias que se impartan en galego, como Ciencias Sociais ou Naturais. Cando se fala en castelán pérdese unha vida, que se recuperará pasados dez minutos.

Con esta proposta preténdese fomentar a fala oral en galego no centro, e espérase que se implante tamén nas outras clases.


Comments


0001-2_edited_edited.jpg

©2021  As novas de Bunti. 

  • Negro del icono de Blogger
  • Negro del icono de Instagram
  • Negro del icono de YouTube
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter
bottom of page