O día de Samaín aterroriza ó CEIP Fonte Escura
- buntixornalista
- 8 nov 2019
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 21 feb 2021
O pasado día 30 de outubro, o CEIP Fonte Escura celebrou a festa de Samaín por todo o alto. O colexio estaba engalanado para a ocasión. Cada clase decorou a súa porta con diferentes motivos relacionados coa noite dos mortos: unha bruxa con morcegos, cabazas, esqueletos, un photocall terrorifico, un cemiterio, unha pantasma...
O día de Samaín houbo diversas actividades, moitas delas localizadas no ximnasio.
Por un lado, había un photocall con decoración de Samaín: había pantasmas, morcegos, cabazas, esqueletos... Tamén había un posto de maquillaxe de Samaín, onde a profe Delia, disfrazada Mércores da Familia Addams, estivo pintando a cara aos nenos que o desexaban, con pinturas JOVI e ceras para a cara. Alí tamén había un xogo que consistía en tirar pelotas cunha boccia pantasma, tendo que derribar papel hixiénico cunha cara fantasmal.
Da aula de PT, saíu pola porta una bruxa que invitou aos nenos a entrar na cova do medo. Dentro da cova, que era moi escura e con forma un labirinto, había unhas caixas moi noxentas con caninos de vampiro, osos de morcego... Ademais había un morto que tiraba dos pés. Tamén había un esqueleto sentado no chan e a bruxa metía moitos sustos a os nenos, tódolos nenos berraban moito de medo e quedaban aliviados ao saír da cova.
Despois de visitar a cova do medo, a bruxa levou ós nenos á biblioteca, que estaba preparada para escoitar unha historia de terror. A continuación, puxeron un video na pizarra dixital de esqueletos que bailaban e os nenos unìronse ao baile copiando os pasos dos esqueletos.
En xeral, o que mais ó alumnado foi a cova do medo, aínda que os alumnos e alumnas de 1º e 2º EP e das aulas específicas gozaron moito do photocall e do posto de maquillaxe.
O que máis lles gustou ás mestras foi, a cova, o conto e o photocall.

Comments