top of page

O CEIP Fonte Escura únese á “Gran Bellotada Ibérica”

Actualizado: 21 feb 2021

Os alumnos do C.E.I.P. Fonte Escura van facer unha plantación de landras para axudar coa reforestación e así coidar o planeta. Deste xeito, únense á iniciativa da “Gran Bellotada Ibérica”, un plan para salvar á Península Ibérica da deforestación mediante a plantación de 25 millóns de landras, xa que o 70% da península se atopa en alto risco de desertificación. No mes de outubro farán xerminar as landras que, máis adiante, no mes de decembro, porán en cartóns de leite. Despois, transplantaranse a unha zona de monte coa colaboración da Comunidade de Montes de Cabral nos meses de marzo ou abril.

Comments


0001-2_edited_edited.jpg

©2021  As novas de Bunti. 

  • Negro del icono de Blogger
  • Negro del icono de Instagram
  • Negro del icono de YouTube
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter
bottom of page