top of page

O CEIP FONTE ESCURA VISITA O FARO DE VIGO

Actualizado: 21 feb 2021

O pasado 27 de novembro, o alumnado de Educación Primaria do CEIP Fonte Escura foi de excursión ao edificio central do xornal Faro de Vigo.

Alí foron recibidos por Julia, a encargada de guialos a través do edificio situado en Chapela, na rúa Ángel de Lema y Marina, nome do fundador do xornal. Este fundouse no ano 1853, o que converte ó Faro de Vigo no xornal español máis antigo en funcionamento.

En primeiro lugar ensinoulles a sala de administración, onde fan traballos relacionados coa contabilidade, a publicidade e o sistema de reparto. A continuación puideron ver a sala de redacción, onde non había moitos xornalistas xa que adoitan traballar pola tarde. Despois leváronos a outra sala onde lles mostraron a versión dixital do Faro de Vigo e un vídeo de como funcionan as rotativas, que son as máquinas que imprimen e montan os xornais. Logo foron visitar a sala das rotativas, onde finalmente puideron velas en funcionamento.

Por último, antes de merendar déronlles un agasallo: uns folletos do Pergamiño Vindel, unhas figuras de xogadores do R.C. Celta, un póster do equipo e un conto.




Commentaires


0001-2_edited_edited.jpg

©2021  As novas de Bunti. 

  • Negro del icono de Blogger
  • Negro del icono de Instagram
  • Negro del icono de YouTube
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter
bottom of page