top of page

O Ceip Fonte Escura celebra a semana do clima

Actualizado: 21 feb 2021

O pasado 24 de setembro de 2019 , co motivo da celebración da semana do clima , o alumnado

do CEIP Fonte Escura fixo un acto conmemorativo acompañado do profesorado e do persoal coidador. Este acto conmemorativo levoume a cabo do soportal despois do recreo.

Todo o alumnado reuniuse de cor verde e os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unhas peticións sobre como queren que sexa o futuro do noso planeta. A continuación fixeron un minuto de silencio a modo de protesta pola contaminación do noso planeta. Ao longo da semana faranse máis actividades relacionadas coa semana do clima, por exemplo o vindeiro venres 27 de setembro.

Ademais elaborouse un cartel con titulares de noticias sobre o cambio climático sacados de diferentes xornais.

Este cartel expúxose o venres 27 de setembro no soportal do colexio despois do recreo, acompañado doutro minuto de silencio.


6 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page