top of page

A biografía sobre Sofía Casanova...

  • Foto del escritor: Andrea
    Andrea
  • 15 abr 2021
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 19 abr 2021



Sofía Guadalupe Pérez Casanova de Lutosławski (Almeiras, A Coruña 30 de setembro de 1861-Poznań Polonia 16 de xaneiro de 1958 foi unha xornalista, poeta e novelista sendo a primeira española que se converteu en corresponsal permanente nun país estranxeiro e corresponsal de guerra. Foi unha muller culta, moi coñecida nos ambientes literarios da época. No seu traballo destacou o perfil humano das súas crónicas como corresponsal do diario ABC en Polonia e Rusia nas que narraba o sufrimento da poboación civil durante as guerras que cubriu, as que se engadiu o valor literario. A súa actividade por toda Europa permitiulle vivir acontecementos como a loita das sufraxistas en Inglaterra o desenvolmento do sindicalismo, a formación do Partido Bolxevique, a Rusia zarista e a Primera e a Segunda Guerra Mundial ademais da persecución dos xudíos polo réximen nazi no gueto de Varsovia. En 1915 entrevistou en exclusiva a Trotski. Colaborou en xornais como ABC, A Época, El Liberal, El Imparcial de Madrid; na revista de Galicia, e noutras publicacións galegas e en prensa internacional, como La Gazeta Polska e o New York Times. De convicións católicas e monárquicas na guerra civil española sumouse aos partidarios nacionais.

Viviu noventa e seis anos. A súa lonxeva vida permitiulle deixar unha amplia obra abarcando todos os xéneros.





2 Comments


Andrea
Andrea
Apr 19, 2021

😎😎oleeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee yooooooooooooooooooooo😎😎

Like
Nayara
Nayara
Apr 20, 2021
Replying to

oleeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee tuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu

Like
0001-2_edited_edited.jpg

©2021  As novas de Bunti. 

  • Negro del icono de Blogger
  • Negro del icono de Instagram
  • Negro del icono de YouTube
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter
bottom of page