top of page
Foto del escritorsoutoandrevanesa

Kandinsky, un pintor moi xeométrico

Actualizado: 25 feb 2021




VIDA

Onde naceu e cando?

O artista do que imos falar no noso traballo chámase Vasili Vasílievich Kandinski e naceu en Moscova, o 16 de decembro de 1866


Cando morreu e onde?

Morreu o 13 de decembro de 1944 en Francia

Onde estudou?

De pequeno viviu en Odessa e estudou na escola de arte chamada Grekov Odessa, máis tamén estudiou dereito e economía. Cando cumpriu 30 anos decidiu estudar pintura en dúas escolas privadas de Alemaña

Que sabes da súa familia?

O seu pai era un comerciante de té e a súa avoa paterna era alemá. A avoa materna era unha aristócrata.


Os seus pais divorciáronse e marchou a vivir coa súa tía. Casou coa súa curmá.

Onde traballou?

En 1896 traballou de profesor na Universidade, pero decidiu dedicarse ó arte.

CORRENTES CULTURAIS

Kandinsky ao longo da súa vida viuse influenciado por diferentes correntes culturais,entre as máis destacadas cabe citar as seguintes:

- Monet, Faves e Matisse.

- Influenza do cubismo e o fauvismo.

- Movementos abstraccionismo.

- Realismo socialista.

- Bauhaus: Escola de arquitectura e artes na que Kandinsky impartiu un taller de pintura decorativa, entre outros.


QUEN GOBERNABA


A Rusia Imperial na que naceu Kandinsky estaba gobernada polo emperador Nicolás II. Despois da Primeira Guerra Mundial, a Revolución de 1917 acabou coa monarquía zarista. Rusia foi entón declarada República e houbo un goberno provisional.


GUERRAS DA ÉPOCA


Ó comezo da primeira Guerra Mundial, no ano 1914, Kandinsky volveu a Moscova.


Tras a Guerra de Inverno chegou a Guerra de Continuación, no marco da segunda Guerra Mundial, durante os anos 1941-1944.


A crise de 1966 foi unha das crises económicas do século XIX, unha das primeiras da época do capitalismo industrial, e xeneralizada en toda a Europa.


Como combinaba figuras xeométricas? E cores?

Os triángulos relaciónanse máis cos tons cálidos (Amarelos ou vermello) No caso das cores profundas relaciónanse con formas máis cadradas e redondas.


Que significado teñen as cores nos seus cadros?

Cunha simple cor transmite diferentes sentimentos como tristura ou alegría, dependendo do seu matiz .


Onde están os seus cadros máis famosos?

CEO AZUL (Centro Pompidou de Paris)


Cal e o seu cadro máis famoso ?

Ceo Azul.

23 visualizaciones1 comentario

Entradas recientes

Ver todo

1 Comment


👏👏👏👏

Like
bottom of page