top of page
Foto del escritorbuntixornalista

Entrevista á Directora

Actualizado: 21 feb 2021

Temos aquí Cristina Garagorri, directora do CEIP Fonte Escura, á que lle imos facer unhas preguntas.

1. Canto tempo levas de directora? Cales son as túas funcións dentro do colexio?

Este é o meu segundo ano. O ano pasado foi o primeiro que estiven, este é o segundo. Teño moitas funcións, pero a miña función principal é representar ao centro. Ademais tamén teño que representar ao profesorado e alumnado, asegurarme de que se cumpren as leis, dar información a toda a comunidade educativa, ser o canle entre o colexio, os mestres e as familias...


2. Gústache a túa profesión? Que se sinte sendo directora?

Gústame moito a miña profesión. Síntese moita responsabilidade.


3. Que tiveches que facer para chegar a ser directora? Por que elixiches esta profesión?

Para ser directora tiven que facer educación infantil tiven que facer varios cursos de dirección. Elixín esta profesión por que miña nai tamén era profesora. Vivín sempre rodeada de mestres e gustábame moito.


4. Traballaches noutros colexios?

Antes de traballar no CEIP Fonte Escura traballei no colexio de Merza, na zona de Vila de Cruces.


5. Como vai o CEIP Fonte Escura? Ten recursos suficientes?

Pois vai ben, pero temos que mellorar aínda, sobre todo en recursos económicos. Temos moi pouca dotación, e ademais necesitamos máis axuda en materiais e sobre todo en recursos humanos: necesitamos moitos mestres e mestras e máis axuda por parte da Consellería.


6. Como é o comportamento dos nenos? Haberá moitos nenos novos este ano?

Pois o comportamento dos nenos e bo. Ao mellor vén algún neno novo máis este ano, pero por agora non sabemos.

Que ideas tes para este curso?

Pois a idea principal é a de pedir todo o material e toda a axuda que poidamos para conseguir facer moitos proxectos.

7. Vaise facer algunha obra no colexio ?

Estamos intentando arranxar o areeiro do patio de Educación Infantil porque é un problema para os nenos máis pequenos, sobre todo os nenos en cadeira de rodas ou que teñen andador. De momento non temos expectativas de facer ningunha outra obra, pero farase o que se poida.

7. Poderíase organizar un Día da Mascota, na que os nenos poidan traer as súas mascotas da casa?

Con moita organización e moita axuda, ¡si que poderiamos, claro!

8. Sería posible ampliar o tempo de recreo 5 minutos este curso?

Este curso non sería posible porque xa está feito horario, pero para o ano que vén, se nos recordades a proposta de ampliar o recreo 5 minutos, ao mellor conseguides algo.

9. Haberá moitas saídas este ano? E festival de fin de curso?

Saídas esperemos que haxa bastantes. A mestra Montse -que é a encargada de actividades extraescolares- e máis eu estamos buscando saídas e solicitando todos os autobuses posibles para poder facelas. En canto ao festival de fin de curso, si que vai a haber. As mestras aínda temos que decidir o día en que o imos facer, pero en principio si que vai a haber festival de curso.


62 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page