O pasado 22 de novembro, con motivo da celebración do Día Contra a Violencia de Xénero, o CEIP Fonte Escura gozou da compañía do contacontos Anxo Moure, ao que este xornal non dubidou en facerlle unha entrevista.
A continuación vos deixamos tamén unha descrición que fixeron sobre el os nosos compañeiros de 1º e 2º EP. Agardamos que vos guste!
"El é alto, groso, fermoso e forte.
O cabelo é castaño, con canas brancas, curto e rizo; Os ollos son azuis, grandes e bacentos e leva lentes; O nariz é prominente e ganchudo; A boca é pequeña; e ten barba e bigote.
A súa roupa é cómoda, folgada, fermosa e colorida. Leva unha camiseta azul e por riba un chaleco morado, uns pantalóns de raias verdes e uns zapatos marróns.
Anxo é moi alegre aínda que as veces se enfada, traballador, simpático, sociábel pero tímido, fai moitas bromas, estudoso e gran lector e inquieto a vez que tranquilo.
Gústalle ir ao cine, viaxar, nadar e mergullarse, montar en bicicleta, as árbores e respirar pero sobre todo encántalle contar historias."
Descrición realizada polos alumnos/as de 1º e 2º de E.P. (Alice, Alejandro, Daniela, Hugo, Mara, Raúl, Santiago e Tatiana).
Comments