top of page

A fábrica de Santa Clara

  • Foto del escritor: Andrea
    Andrea
  • 9 abr 2021
  • 2 Min. de lectura

Hoxe gustaríame falar do edificio popularmente chamado como Fábrica de Santa Clara.

Pero antes de entrar en detalles, vamos repasar un pouco a historia desta fábrica, que perteneceu ao grupo de empresas Álvarez (GEA).


O nacemento do grupo de empresas Álvarez produciuse en 1929 no centro de Vigo como unha fábrica de cerámica e vidrio.


Mais os seus antecedentes remóntanse ao ano 1922,ano no que nace o barrio vigués de Casablanca e a sociedade Álvarez e Rey S.L.n¡ promovida por Manuel Álverez, Manuel Rey e Moisés Álvarez , dedicada a fabricación de artículos para decoración.


Manuel Álvarez era natural de Ourense.En 1917 emigrou a Sudamérica onde coñeceu a Clara O Farril, cubana de nacemento e con o que contrae matrimonio.


En 1922 viaxa a Vigo e emprende a súa aventura empresarial.

Pero ,5 anos máis tarde e despois de orientar a empresa da comercialización de artículos de cristal , porcelana e louza ,Manuel Rey abandona a sociedade limitada ,e ésta disólvese.


Así nace en 1927 Manuel Álvarez e Hijos S.L. (MAHSA),con un capital social de 7 millones de pesetas e que construiu o primeiro embrión do que posteriormente sería GEA. Pero o que convertiría a esta pequena empresa no primeiro grupo cerámico de España sería o fillo do fundador de GEA, Moisés Álvarez O Farril, nacido en Cuba.


Como sempre mostrou gran interés pola cerámica foi enviado como aprendiz a unha fábrica alemana. En 1988 Manuel Álvarez comprou uns terrenos en Cabral para ampliar as instalacións.

En 1941 comeza así coas fábricas de Santa Clara e Vanosa. A primeira dedicada á fabricación de porcelana e a segunda á fabricación de envases de vidrio. Isto supuso unha auténtica revolución social e económica para os veciños dos barrios de Cabral e Lavadores. A industria vai crecendo e en 1948 construironse outras dúas fábricas: Royal China (que fabrica vitrocerámicas) e Casablanca, vivindo así momentos de moita prosperidade.


 
 
 

Comments


0001-2_edited_edited.jpg

©2021  As novas de Bunti. 

  • Negro del icono de Blogger
  • Negro del icono de Instagram
  • Negro del icono de YouTube
  • Facebook - Círculo Negro
  • Twitter
bottom of page