O pasado día 20 de novembro realizouse a presentación do xornal dixital “ As novas de Bunti”, que se celebrou na aula de 5º e 6º EP ás 12:00.
En primeiro lugar
, Marina Rosa e Siddhartha Pereira deron a benvida aos asistentes. A continuación, chamaron á convidada especial, Cristina Garagorri, para que cortase a cinta de inauguración. Despois, os alumnos e alumnas de 5º e 6º EP foron presentando por parellas as diferentes seccións do xornal. Case ao final, Cristina entregoulles a estes alumnos e alumnas as acreditacións de xornalistas. Para rematar, Saray Dos Santos puxo a guinda final ao acto tirando unha bomba de confeti.
Autores: Paula Fontán, Marina Rosa e Cristian Casal.
Comments